|
Esta candidatura abranxe o
conxunto do patrimonio cultural
común a Galiza e a Portugal.
Unha cultura común que
asenta as súas raízes
na prehistoria e que se mantén
aínda viva por enriba
das fronteiras entre os dous
países que presentan
esta candidatura, Portugal e
España.
A cultura tradicional galego-portuguesa
presenta unha unidade e unhas
semellanzas que evidencian que
a cultura común mantive
unha identificación coa
comunidade obstinadamente fiel
ao pasado e que debido ás
rápidas mudanzas sociais
corre perigo de desaparecer.
Este patrimonio inmaterial ten
a súa orixe na rexión
denominada "Gallaecia"
a través dos romanos,
e posteriores eventos históricos
fan que teña unha intensa
presenza en todo o territorio
do país que é
actualmente Portugal, así
como noutras partes do mundo
debido a fenómenos de
colonización e emigración.
Onde máis claramente
se visibilizan os elementos
do patrimonio inmaterial galego-portugués
é nas distintas fases
do ciclo anual, representadas
de maneira simbólica
polas catro estacións
do ano. Sen esquecer que manifestacións
orais como a lingua, os cantares,
os oficios, a música,
as danzas e o universo festivo
e ritual teñen unha presenza
constante nas dúas comunidades
ao longo do ano enteiro.
Esta cultura común mantén
formas de excelencia que abarcan
boa parte das manifestacións
profundamente asentadas na poboación
e no territorio, como a existencia
de actividades de tipo comunitario
ligadas aos montes, a gandería
ou a prácticas agrarias
ou marítimas.
|