|
A candidatura multinacional proposta
baixo a denominación "As
tradicións orais galego-portuguesas",
refírese a unha marca distintiva
das expresións culturais das
rexións do Norte de Portugal
e de Galiza (Espanha), que as caracteriza
como unha unidade de prácticas
sociais e simbólicas, das que
a tradición oral é unha
manifestación orixinal. Proponse
esta tradición oral como Masterpiece
of Oral and Intangible Heritage of
Humanity e vincúlaa ás
manifestacións materiais e
simbólicas no Noroeste Peninsular
porque nela encontran sentido e teñen
orixe as comunidades humanas aquí
residentes e que teñen conciencia
da importancia deste mundo da oralidade
na construción da súa
identidade cultural.
|