| |
|
|
|
|
| |
 |
|
|
O Patrimonio Inmaterial representa
a fonte vital dunha identidade profundamente
enraizada na Historia e comprende
"o conxunto de formas da cultura
tradicional e popular ou folclórica,
quer dicir, as obras colectivas que
emanan dunha cultura e se basean na
tradición. Estas tradicións
transmitense oralmente ou mediante
xestos e modificanse co decorrer do
tempo através dun proceso de
recreación colectiva. Inclúense
nelas as tradicións orais,
os costumes, as linguas, a música,
os bailes, os rituais, as festas,
a medicina tradicional e a farmacopea,
as artes culinarias e todas as habilidades
especiais relacionadas cos aspectos
materiais da cultura, taless como
as ferramentas e o hábitat."
A índole efémera deste
patrimonio intanxíbel tórnao
vulnerábel. A salvagarda deste
patrimonio debe partir da iniciativa
individual e recibir o apoio das asociacións,
especialistas e institucións.
|
| |
|
|
|
| |
 |
|
| Debido á
colonización de Portugal, hoxe
encóntranse mostras da cultura
tradicional galego-portuguesa en PAÍSES
LUSÓFONOS como: |
|
Brasil,
Angola,
Mozambique,
Cabo Verde, |
Guinea-Bissau,
Santo Tomé e Príncipe,
Timor Leste
|
e
nas cidades de
Goa (India) e
Macau
(China) |
|
|
Debido a influencias
recíprocas, encontramos elementos
comúns entre o patrimonio galego-portugués
e o de moitos PAÍSES
EUROPEOS como:
Italia,
posto que a cultura traída polos
romanos pervive aínda en moitos
elementos cotidianos (o carro, o arado,
instrumentos de traballo, etc.)
Alemania,
debido á existencia do reino
suevo no século V. A institución
do monte comunal é común,
así como moitos topónimos
de orixen xermánico.
Francia,
debido ao trasvase cultural do Camiño
de Santiago, que relacionou a lírica
provenzal coa poesía medieval
galaico-portuguesa, así como
as orixes célticas comúns
coa Bretaña francesa.
Países
Escandinavos (Dinamarca, Suecia, Noruega),
con influencias vikingas na estructura
de barcos tradicionais como a dorna,
ou a celebración da Romería
Vikinga en Catoira cunha reproducción
dun "Drakkar" escandinavo.
Irlanda,
dende o mito fundador de Breogán
ata as influencias recíprocas
na música folclórica.
Inglaterra,
polo comercio do viño, antigamente
con toda a rexión e posteriormente
centrado na zona do Douro.
Países
Baixos (Bélxica, Holanda):
Bordados de palillos moi semellantes
aos Encaixes de Camariñas ou
ás Rendas de Bilros de Portugal.
Incluso cun país tan lonxano
como Rusia existe algún lazo
cultural, como é o caso do cadro
do afiador existente no Museo Hermitage
de Leningrado, ou as memorias colectivas
dos "Nenos da Guerra Civil". |
|
| En todos estes
países, ademais, existe unha
importante inmigración de orixe
galega ou portuguesa, o que produce
interesantes contactos culturais. |
|
| Debido ao citado
fenómeno da emigración,
neste caso predominantemente galega,
existen moitas mostras da cultura tradicional
galego-portuguesa en todos os PAÍSES
HISPANOAMERICANOS, especialmente
en Cuba,
Arxentina, Uruguay, México e
Venezuela. |
| |
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|