Derradeira actualización: 10 de xaneiro de 2008 
CANDIDATURA DAS TRADICIÓNS ORAIS GALEGO PORTUGUESAS [+]

En novembro do 2005 a UNESCO fallaba a 3ª proclamación das Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial e anunciaba que esta sería a última proclamación rexida por tal procedemento.
A partir da ratificación por parte dos Estados da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, aprobada pola Unesco en outubro de 2003, esta norma ratificada por un mínimo de 30 estados entrou en vigor en 2006.
A Convención integra as proclamacións xa realizadas nunha Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial e implanta outra segunda Lista para os patrimonios en grave risco de desaparición.
Un Comité Intergobernamental impulsou o desenvolvemento do novo procedemento que establece a Convención e en varias reunións fixouse a normativa que vai rexir a inscrición nas dúas listas indicativas anteriormente referidas.
Na última reunión celebrada neste mes de setembro en Tokío, acordouse tamén o calendario destas inscricións e o formato de presentación das propostas a inscribir tanto na Lista Indicativa como na Lista do Patrimonio Inmaterial precisado dunha salvagarda urxente.
O novo procedemento establece que os Estados poderán inscribir anualmente un ben do seu patrimonio inmaterial e a maiores poderán inscribir outras manifestacións de carácter multinacional.
A diferencia esencial co anterior procedemento é que son agora os Estados os que inscriben directamente na Lista Indicativa, axustándose aos criterios establecidos, os bens do seu patrimonio inmaterial.
Segundo as informacións que foron feitas públicas pola Unesco e que foron recollidas pola prensa internacional, o Comité para protección do Patrimonio Cultural Inmaterial aprobou que o período de presentación de candidaturas finalizará en agosto de 2008 e as primeiras inscricións nas Listas serán proclamadas en 2009.

A Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas que foi presentada para a 3ª proclamación por Portugal e España, ten agora unha nova oportunidade nesta próxima convocatoria.
Nos informes elaborados pola Unesco para a súa avaliación manifestábase:
" O profundo espírito de diálogo que respira esta Candidatura e o desexo de reforzar e mesmo establecer a comunicación a través das fronteiras fai que esta candidatura sexa particularmente valiosa ".
"...a diversidade recollida no expediente é a proba da grande variedade das manifestacións culturais tidas en consideración..."


O informe concluía:
" ... recomenda que este expediente sexa redeseñado con miras a unha posterior proclamación. Gustaríanos facer fincapé no profundo interese patrimonial das tradicións presentadas por esta Candidatura, as cales cumpren cos criterios requeridos pola Unesco..."

Do mesmo xeito, o Xefe da Sección do Patrimonio Inmaterial da Unesco, Rieks Smeets, en xaneiro de 2006 enviou unha comunicación ás Delegacións Permanentes de Portugal e España na Unesco onde se lles suxire que unha vez teñan ratificado a nova Convención, " poderán voltar a presentar o expediente da Candidatura co mesmo contido unha vez feitas as correccións necesarias ".
Tanto España como Portugal xa ratificaron a mencionada Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. ( Portugal está pendente de ratificala na Assembleia da República ). Por todo exposto, desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! cremos que voltamos a estar diante dunha nova oportunidade de conseguir que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa inscrito no lugar que merece, é dicir, na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial Mundial.
Cremos que o inxente traballo realizado para esta Candidatura é un valor que debe ser aproveitado e que as correccións precisas que a Unesco recomendaba son facilmente realizables.
Trátase agora de solicitar do goberno de Lisboa que confirme novamente a súa disposición a inscribir na Lista Indicativa da Unesco esta proposta, dentro do prazo que agora se abre. O acompañamento do goberno español tamén volve a ser necesario. Lembramos que existe un acordo unánime do Parlamento español apoiando a proclamación desta Candidatura, ademais doutros apoios do Parlamento Europeo e de persoas como Federico Mayor Zaragoza ou José Saramago entre outras personalidades do mundo da cultura.
O presidente da Xunta de Galicia manifestou o 8 de marzo de 2006 no Parlamento de Galicia a súa intención de impulsar novamente a Candidatura
Desde Ponte...nas ondas! agardamos que se dean os pasos necesarios para acadar este obxectivo coa maior dilixencia e coa maior urxencia.

 
Outros eventos
Ver máis eventos...
O P I N I Ó N
"Perdemos outra vez" por Xosé M. Pereiro
"O triunfo da cultura anónima" por Ana Miranda
"Cando pasedes o tunel da Canda" por Felipe Lubián Lubián
Inmateria por XOSÉ CARLOS CANEIRO
"O triunfo da cultura anónima" por Ana Miranda
"A primeira vez" por Xosé Vázquez Pintor
"Tres sextinas de Marica Campo" por Marga Romero
Unha voz que vén de lonxe por Luís Bará
Ver máis artigos...
28/4 | O DIRECTOR-GERAL DA UNESCO CONFIRMA A NOVA OPORTUNIDADE  DA CANDIDATURA DO PATRIMÓNIO IMATERIAL GALEGO-PORTUGUÊS PROMOVIDA POR PONTE...NAS ONDAS!
20/4 | PONTE...NAS ONDAS ! ULTIMA A REFORMULACIÓN DO DOSSIER DA CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS Enviada a proposta ao Ministério de Cultura de Portugal
12/2 | A MOCIDADE GALEGO-PORTUGUESA APOIA O SEU PATRIMONIO !

9/1 | ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE RANCHOS DE REIS EN SALCEDA DE CASELAS
11/12 | APOIO DO CONGRESO DE ESPAÑA Á CANDIDATURA
10/12 | Apoio da Escola Rural á Candidatura

2/11 | 3ª edición do Día do Peón
21/6 | I CERTAME DE RECOLLA DA TRADICIÓN ORAL
5/5 | PONTE...NAS ONDAS! PROPÓN UNHA NOVA RELACIÓN CON PORTUGAL
15/3 | IMPORTANTE DECLARACIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA EN RELACIÓN COA CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

9/1 | OS RANCHOS DE REIS: UNHA MANIFESTACIÓN DE EXCELENCIA DO PATRIMONIO INMATERIAL
28/12 | URUGUAI E GALIZA: ALGO MÁIS QUE FÚTBOL

20/12 | A Asociación Ponte...Nas Ondas manifesta a súa ledicia pola consecución do premio á Mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos

12/12 | Os promotores do Patrimonio Inmaterial collen novos folgos no “itinerario dun soño”
8/12 | Información sobre o resultado acadado na Unesco

26/11 | A UNESCO valora o traballo das escolas e anima a continuar co proxecto
Outras noticias
Ver máis noticias
 
21/1/2008
Encontro galego-portugués en Salceda de Caselas
 
13/12/2007
O Parlamento Galego apoia a Candidatura sen condicións
 
4/12/2007
El patrimonio oral une cuatro puentes
 
16/3/2007
Galiza-Portugal:o futuro desde nós mesmos
 
25/5/2006
Ponte...nas Ondas! reúne este venres a 25 mil alumnos na súa décimo segunda edición
Ver máis artigos
A CULTURA COMÚN GALEGO-PORTUGUESA CANDIDATA A SER PROCLAMADA POLA UNESCO "OBRA MESTRA DO PATRIMONIO ORAL E INMATERIAL"

A Candidatura Multinacional de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués está promovida pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! e conta co apoio de entidades e institucións de Galiza e de Portugal. Esta candidatura foi presentada formalmente na UNESCO polos gobernos de Portugal e España como candidata á 3ª proclamación das Obras Mestras do Património Oral e Inmaterial prevista para xullo de 2005.

A cultura común galego-portuguesa vinculada á tradición oral e ás manifestacións de carácter inmaterial son o obxecto central desta iniciativa que persigue a súa preservación e transmisión ás novas xeracións.
As manifestacións da literatura popular, os cantares ao desafío ou regueifas, contos e lendas, a lingua, a tradición oral ligada ás actividades agro-marítimas, os oficios tradicionais e as súas falas e saberes, as formas simbólicas, ornamentais e musicais, os ámbitos festivos en relación co ciclo anual da natureza, son algunhas das expresións desta cultura común incluídas nesta candidatura.
A proclamación deste patrimonio común como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial pola UNESCO suporá un recoñecemento internacional a todas estas formas de expresión que se mantiveron na memoria colectiva de ambos pobos ao longo dos séculos e que constitúe un tesouro invisible para o futuro.
 
Promoven esta Candidatura