Está vostede en Inicio » Actualidade
A SECRETARÍA XERAL DE COMUNICACIÓN DA A COÑECER O FALLO DOS XURADOS DOS PREMIOS GALICIA COMUNICACIÓN 2005, DOTADOS CON MÁIS DE 6.000 EUROS PARA CADA UNHA DAS SEIS CATEGORÍAS
Santiago, 19 de decembro de 2005.- A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta da a coñecer os Premios Galicia Comunicación 2005, dotados con máis de 6.000 euros para cada unha das seis categorías. Os tres xurados estiveron formados por directores de medios impresos, radios, axencias de noticias e decanos ademais de, por membros da Administración.
O premio á Mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos foi concedido á Asociación Ponte...nas Ondas! polo seu Programa Ponte...nas Ondas!.
O premio ao Mellor labor de comunicación en medios impresos outorgóuselle a Ramón Luís Acuña Sánchez pola súa responsabilidade como directivo de prestixiosos medios informativos e pola súa inxente actividade no xornalismo enfocado á política internacional.
A categoría de Mellor premio labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos foi fallado a favor de Guillermo Cameselle pola súa intensa e brillante traxectoria profesional.
O premio ao Mellor labor de comunicación en medios radiofónicos foi concedido a RNE-Galicia pola recuperación das emisións en galego e por Radio 5 Todo Noticias.
O penúltimo dos galardóns ao Mellor labor de comunicación en televisión recaeu na Editorial Compostela S.A. pola serie de ficción Libro de Familia producida pola Televisión de Galicia.
Por último, o premio á Mellor empresa ou institución que destaca por un singular esforzo no campo da comunicación foi concedido á Universidade de Santiago, polo seu proxecto de Xornal Dixital, proxecto pioneiro en Europa e que tivo unha grande acollida entre os estudantes.
![]()
© Xunta de
Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Xunta de
Galicia.
Información administrativa
e atención ao cidadán | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a