Actualizado 19.07
Domingo 20.11.2005
Hoxe
Portada
Última Hora
Vivir Hoxe Galicia
Vivir Hoxe Sociedade
Política Galicia
Política España
Economía
Maré
Deportes
Comunicación
Opinión
Tempo
A Contra
edición impresa
Maré
Arquivo
navega.gif
8gal90x90.gif
 
 
UNESCO
O optimismo pecha a campaña da candidatura galego-portuguesa
maré. Santiago   
Imprimir

As comunidades galegas e portuguesas en París prepáranse para celebrar unha gran festa o próximo venres 25 de novembro, coincidindo coa proclamación das Candidaturas do Patrimonio Inmaterial pola UNESCO, ante as boas expectativas con que conta a Candidatura Galego-Portuguesa.

Onte mesmo remataron na capital francesa os últimos actos de promoción deste proxecto por parte dunha delegación da Comisión promotora da Candidatura integrada por Santiago Veloso, Presidente da asociación Ponte...nas Ondas; Lourdes Carita, Promotora da Candidatura en Portugal; Luísa Márquez, Coordinadora das Escolas Asociadas á UNESCO en Galicia; Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia; e Ana Miranda, voceira do BNG no Parlamento Europeo.

Onte pola mantiveron un encontro coa xunta directiva do Centro A Nosa Casa de Galicia en París, a quen lles expuxeron de xeito detallado esta Candidatura. O venres pola tarde tiveron lugar os dous últimos actos de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. O primeiro desenvolveuse, pasadas ás cinco e media da tarde, no Instituto Camoes de París. O acto foi presidido por Fátima Ramos, Conselleira de Cultura da Embaixada de Portugal, e asistiu tamén Antonio Cotrim representante da Embaixada ante a UNESCO.

Posteriormente a Comisión promotora trasladouse ata o Instituto Cervantes, onde ante unha nutrida representación das comunidades galegas e portuguesas en Paris, Santiago Veloso, Lourdes Carita, Luísa Márquez e Luís Bará explicaron os pormenores da Candidatura que opta a ser recoñecida coma Obra Mestra da Humanidade pola UNESCO o próximo venres 25 de novembro. Seguiuse a mesma pauta que nos actos celebrados en Madrid, Santiago, A Coruña ou Lisboa.

Amais das intervencións proxectouse o vídeo da Candidatura remitido á UNESCO co título Un Patrimonio para o futuro, e os asistentes puideron coñecer tamén o vídeo-clip do tema central de Meniños Cantores. O actor galego Carlos Blanco foi o responsable de conducir este ano no que interveu a artista galega Mercedes Peón, interpretando temas tradicionais. Estivo presente tamén o grupo de gaitas da Casa de Galicia en París.

A actividade de onte pechouse cun encontro co escritor galego afincado en Francia Ramón Chao a quen amais dun dossier da Candidatura entregaron un exemplar do libro-disco-dvd de Meniños Cantores. Ramón Chao comprometeuse a difundir esta iniciativa no xornal Le Monde, e confirmou a súa presencia xunto a delegación galego-portuguesa o próximo venres 25 no acto de proclamación.

domingo, 20 noviembre 2005
Imprimir
 
pescanova.gif
tempo.gif
lecer.gif
bolboreta.gif
venres.gif
revista.gif
descubrir.gif
oceano.gif
 

Ante calquera dúbida, comentario ou problema nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com
Titularidade e Política de Privacidade

©2005 www.galicia-hoxe.com Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario.